Tatuarte,

devezo por tatuar cada recuncho do teu corpo,

deixar temporalmente a miña pegada na túa pel,

e volver a ti cando precises de retocar as liñas de tinta de cores.

 

Quero facerte arte efémero e permanente,

convertirte na miña obra mestra,

nun firmamento de tatuaxes que leven a miña sinatura

para que no eco do teu cuarto baleiro evoques o meu nome.

 

Cos meus dedos transformados en agullas,

quero percorrerte enteiro,

paralizarte e reactivarte.

 

Ti, lenzo improvisado

que tantas veces apalpei en soños,

sen tempo suficiente para debuxarte enteiro

e adormecer no horizonte das túas tatuaxes.

 

Agora, máis que nunca,

devezo por tatuarte…

Anuncios