Ollo para o chan e só vexo pezas degoladas dunha fotografía desgaxada,

hai demasiado…

 

Deixei pasar moito tempo ata me axeonllar perante a desfeita

e por veces penso que se callar sexa tarde…

 

Demorei,

e agora non sei como recompoñer a imaxe esvaída.

 

Pero se non é agora, cando ha de ser?

 

Cando desapareza algunha peza levada polo vento?

 

Teño medo.

Anuncios