Deseño círculos nos que me poder refuxiar,

circunferencias que me protexan ante as vicisitudes da tempestade,

un lugar onde poder construír as miñas propias murallas

e poder seguir escalando para avanzar.

Pero hai días nos que non son dona da miña pluma

e forzas externas encárganse de debuxar sen o meu permiso.

Condenada a vagar polas liñas de esferas planas sobre o papel,

en movementos concéntricos,

de ciclos de tristura da que non sei como fuxir,

por non querer saltar ao baleiro.

 

 

Anuncios