Hai días en que gostaría de poder encher un frasco de vidro coas miñas bágoas,
pero nin de chorar son xa capaz.
O que daría por sacar todo o que levo dentro
e desfiar a miña tristura melancólica,
para poder bordar con fío novo este meu pano seco.
Sen brúxula que marque o meu norte
necesito un mapa que me guíe a camiños onde aínda non estiven.
Para reconstruírme,
cando conseguir atrapar as miñas bágoas
e así poder coser.
Anuncios