O primeiro paso é admitir que non todo está ben,

asumir que os procesos demoran tempo,

mais non por iso somos menos fortes.

Saber que malia a dor un día acabar,

teño que camiñar com esforzo na mesma,

para afastarme do que queda atrás

e poder amarrar a miña barca á liña dun novo horizonte.

Non son invencible e por iso é que teño que loitar cada día con paciencia,

para ser eu a que finalmente venza

e coa vitoria entre as mans,

saber que os meus pés pertencen a un sendeiro alternativo

e que o proceso avanzou um pouquiño máis lonxe.

Asumir as nosas debilidades é de fortes,

ferramenta fundamental para saber onde precisamos coser a nosa barca,

para que non naufrague.

Anuncios