Deille tanto poder ás persoas erradas

en lugar de aproveitar cada petisco de enerxía para eu avanzar…

E cando reparei na miña mala escolla xa era demasiado tarde,

non había ás no bico das miñas costas,

tan só o pó das plumas desfeitas aos pés da gaiola…

Así que con paciencia tiven que volver a tecer esas dúas chaves da liberdade,

peza a peza para reconstruír unha obra de arte comesta.

E polas noites ollaba o reflexo da miña pel no espello,

co movemento circular dos meus ombreiros para entrenar para un voo futuro.

Con agulla e fío voltei a coser cada á,

Penélope do século XXI sen ningún Odiseo á súa procura.

Sen esperas, por ter de partir eu,

co horizonte como única compañía e guía.

 

Anuncios