Camiñar,

paseniño,

con paradas

antes de chegar a unha nova estación,

cun mapa vello mollado entre as mans,

liñas desfeitas doutrora

e cachos de papel

para construír pontes alén,

onde tomar novos camiños.

Por moito que poda tardar en chegar,

camiñar.

 

Anuncios