Paseniño, desfío o ceo entre as mans

nese mapa de nubes e raiolas de sol

tento debullar os camiños do tempo,

percorrer as enrugas das fazulas celestes

ata dar coa ponte que me devolva á illa da infancia.

Contemplo o horizonte desde a miña barca na chuvia,

na busca da pinga de auga que me leve

ao río que percorrín noutrora

e na profundida daquel bosque de labirintos

encontrar o refuxio baixo os carballos,

adormecer baixo a sombra das árbores

e acordar sendo nena outra vez.

Para contemplar o ceo desde o outro lado

e percorrer unha e outra vez,

nesa dicotomía de idades

atrapadas no orballo das agullas do reloxo

que me empurra,

para que avance,

sen coñecer as dúas caras do horizonte.

 

Anuncios