(R)espirar.

Expirar.

Inspirar.

Suspirar.

Só sinto o impacto

do teu alento fétido,

invadindo cada unha das raminificacións

da árbore da vida murcha que levo dentro,

nesa néboa podre

de ventos con cheiro a morte.

Raíces suchando auga envelenada do Estixe

á beira dunha barca de corvos

que agardan pola súa moeda de ouro.

Inspiro.

Expiro.

Nun último suspiro.

Sen respiro.

Por non poder (r)espirar.

 

Anuncios