No devir do tempo

as follas do calendario

riscan cruces entre as liñas da miña pel

e pouco a pouco dan forma

a ese meu mapa de camiños

presentes e pasados.

E non hai tren que me leve

a estación ningunha do futuro

para borrar novas marcas

antes de chegaren a ser debuxadas.

 

 

Anuncios