Atrapada,

entre cordas firmes

que eu mesma cosín,

fío a fío

(e non sei como desfacer,

o medo impídemo).

Penélope incapaz de saír do seu propio laberinto

que no espello non é nin Adriana nin Tesea,

senón minotauro.

 

Anuncios