Xanelas abertas

polas que o ar non corre,

cristais invisibles

que fan de muros e barrotes

neste meu camiño de pedras

que bloquean o meu paso

e borran as poucas pegadas

que debuxo no chan.

Sendeiros futuros que non existen

nun pasado igual de borroso

que me condena

a vagar perdida

neste meu presente de incógnitas,

nun mar de dúbidas

sen posibilidade de esclarecer respostas.

Un nado a contracorrente

sen opción de recuperrar forzas

entre ondas que fan de portas fechas.

Chaves soterradas nas profundidades

deste océano que eu elexín

sen saber que un día

saber nadar non sería suficiente

para poder sobrevivir ás tormentas inesperadas

nesa chuvia de pensamentos

que pouco a pouco apertan as miñas extremidades.

O bico frío das xanelas

que non deixan pasar o ar.

 

 

Anuncios