incendio

Os esqueletes das árbores

trazan liñas acibeche

na néboa do fume,

un mar de grisalla

baleiro de barcas,

comestas polas bágoas de cinza.

 

O ceo chora

e do chan mana sangue,

negra,

coma o chapapote,

onde a nova vida é utopía,

escrava das lapas do lume,

devorador de soños

e creador de pantasmas no monte.

 

Os esqueletes das árbores

seguen a trazar liñas,

no horizonte.

 

 

Anuncios