Ana: How do you spell “beautiful”?

Uxbal: Like that, like it sounds.

Biutiful, Alejandro G. Iñárritu (2010)


 

Gustaríame acordar cada mañá

no berce dos teus beizos,

despertar coas raiolas do sol do reu sorriso

e ouvir a túa voz de preto,

acariñando os meus cabelos

na media lúa do día.

Desde o leito das túas verbas

escalaría polas túas fazulas,

de poro en poro da túa pel,

ata chegar ao alto da túa mirada

e ficar ollándote desde o acantilado das túas pestanas.

Observar o océano dos teus ollos

desde a distancia

e gravar na miña memoria

cada fío de auga que conforma

a túa pupila e o teu iris.

Gustaríame ser aguia para voar

polo firmamento dos teus luceiros

e tornar en serea no ar,

para sumerxirme nas profundidades

dese teu mar de ollares mudos que falan.

Ninfa na aperta das túas ondas.

E sentiría na pel ese beixo

que debuxas nos meus ollos cada vez que me miras.

Anuncios