Ana: How do you spell “beautiful”?

Uxbal: Like that, like it sounds.

Biutiful, Alejandro G. Iñárritu (2010)


Gostaría de poder transcribir o teu ollar,

de transformar en tinta acibeche

os versos que ti escribes nas miñas pupilas

e ler en alto esa túa poesía que fas miña.

Facer do luar dos teus dous luceiros

un poemario que sexa luz de noite e de día

e así ficar entre páxinas de papel

cando non estiveres para apertarme forte

e ficar cravando a túa mirada na miña.

Crear cos teus ollos o meu berce

e arrolarme coas verbas mudas que falan,

poesía dese teu alfabeto máxico

que non nace para ser capturado,

senón sentido,

coma unha bala que escapa,

paraliza

e reactiva.

Mirada con voz que me fai sentir viva.

Anuncios