A dor é inevitable, o sufrimento é unha opción. 


Supoño que cando marches non poderei evitar mirar con bágoas nos ollos como a túa figura desaparece, borrada polo orballo da distancia. Mais non vai ser un chorar deses meus melancólico-tristeiros, serán bágoas impregnadas da felicidade de terte coñecido, de que os nosos camiños xa se tiveran cruzado sen chegar a imaxinar que algún día lle poderiamos poñer nomes.

Anuncios