Gustaríame encher os pulmóns de aire

e tornar nun globo capaz de voar,

ascender polo ceo celeste

e transformar os meus bronquios en ás,

ata dar cunha nube que faga de berce,

para adormecer no océano por un tempo,

alí onde as bágoas non doen,

pois son a chuvia capaz de borrar o fume da escuridade

e facer brotar flores entre as ramas dos bronquios secos.

 

Respirar intensamente,

para sentir de novo as pingas de osíxeno percorréndome,

coma se por uns intres fose botella de champaña desexando vivir,

con burbullas de gas capaces de debuxar luces na noite,

fogos de artificio interior aos que lle teño que prender lume,

e escoitar como estouran nas orellas da lúa

ata facela sorrir.

 

E cando esté lista para voltar,

agarrarme a algún dos luceiros pendurados no regato de acibeche

e converter as estrelas en paracaídas.

 

Para (re)vivir.

 

 

 

Anuncios