Busco a pegada dos teus bicos na pel,
pero tan só toco baleiro,
dedos coma pedra fría
que se derriten coma xeos de cristal
contra o meu corpo,
que xa nin lembra o olor da túa fogueira.

Aperta apagada antes do San Xoan,
sen rumor da auga na praia
nin o riso das faíscas entre a madeira.

Lene táboa que vaga no mar,
sen apertas de naúfragos que busquen terra.

Illa deserta,
que intenta atopar o seu punto no mapa,
mais afogo,
entre as ondas das arenas movedizas da miña praia,
nesa aperta á nada,
sen facer pé,
mentres coas mans alzadas,
busco bicos que o ar roubou hai tempo
e borrou,
da pel que agora queima,
abrasada polas bágoas
que desexan beber a grolos as lapas
dunha fogueira comesta.

Adormezo,
cansa,
entre soños asulagados
no meu soio sono mariño.

Anuncios