Un,
dous,
tres,
catro,
pés que arrastran a voz da pedra
contra xanelas e portas fechas,
mais non é a beirarrúa quen fala,
nin os zapatos invisibles deixan pegada.

Un,
dous,
tres,
catro,
nada,
calan,
pasos apresurados,
latexantes,
que tiran da corda do meu alento,
para avanzar máis rápido
e apagar o eco das pisadas
que a miña mente coseu no vento.

Catro, tres, dous, un,

a salvo.

Un,

dous,

tres,

catro,

os meus pasos,

porta aberta,

xanela fecha.

 

 

Anuncios