O cambio exterior comeza por dentro…


 

Levo tanto tempo preocupada

polo aspecto das miñas follas,

pola súa cor no outono

e o seu retorno tardío en primavera…

 

Tanto tempo pendiente

do efecto das mareas bravas da tormenta

na praia das súas ramas…

 

Brazos curvos

que choran bágoas

que secan coas raiolas,

anestesia da que vivo alienada,

mais non cura,

tan só silencia as voces das tebras.

 

Intento ascender,

avanzar cara ao ceo

para rañar as nubes

e asinar o meu nome no firmamento,

mais non teño enerxía,

e hai moito que me abandonou o pulo do vento,

xa non hai forza mareomotriz que me empurre

no meu estancamento

 

Aos meus pés,

entre ondas de auga igual de inmobilizada,

ollo cómo me deixo apodrecer.

 

Camiño na direción equivocada.

 

A solución non está aló arriba,

entre paxaros que emigran  

co desgaste das páxinas do calendario.

 

Como vou estender as ás

se nin tan sequera coñezo o meu niño?

Como vou estendelas

se non me atrevo a profundizar nas raíces

para tecer trenzas

que conformen unha nova tea de Penélope

que faga de alfombra voadora

e de rede para as miñas follas?

 

Hei de coser ese manto de raíces curvas e rectas

para insuflar desde embaixo,

desde a base,

a forza que secou das miñas ramas.

 

E así,

desde a raíz,

ser paxaro e árbore,

das que avanzan,

sen esquecer a orixe. 

 

Raíces.

 

 

 

 

Anuncios