Vou coller unha escada de madeira

para chegar ata a xanela máis alta

e aló,

no altar do ceo,

heime contemplar reflictida

nun dos seus espellos.

 

Con ollar de lúa

iluminarei a pegada da silueta no cristal

e collerei pluma e cincel

para pintar de novas cores

a paleta do meu caleidoscopio,

que farei xirar unha e outra vez

ata afinar a melodía das súas engranaxes.

 

Entón baixarei,

retornarei ao punto inicial

con nova música e novos versos,

coa pluma e o cincel no peto

e baixo o brazo,

un dos espellos do ceo. 

 

 

 

 

Anuncios