image

Digo voar co vento,

coma barca que se deixa levar polo pulo da brisa

nas noites estrelecidas de descanso adormecido,

co poder de tomar o timón

cada vez que quero retomar o rumbo,

nun periplo entre nubes de fazulas azuis.

Mais todo iso non é máis ca ilusión,

espexismo produto do efecto caleidoscópico

do ceo sobre o cristal.

Non son barcaza nin paxaro,

son xanela,

desas que non respiran,

das que non deixan pasar o ar,

para poder voar,

co vento,

adormecida e esperta,

no ceo.

Anuncios