Busca un punto de fuga
no cadro desta etapa da túa vida,
punto de fuga con luz.

Tal vez faro oxidado,
deses nos que xa ninguén prende fogueira ningunha.

Punto de fuga contemplativo e contemplante,
candea que se perfila no firmamento
agardando o pulo do teu chisqueiro
ou dun misto
que prenda a luz,
para sacar das tebras
o punto de fuga
dese teu cadro de vida.


Fotografía: Faro de Alcabre (Bouzas, Vigo). Maio, 2015

Anuncios