Xiro,

de dereita a esquerda,

nunha danza norte-sur,

oeste, brión e ramas

leste, cornixas sabor mar.

Xiro,

caleidoscopio,

nesta miña esencia arquitectónica-natura,

de tardes de pedra adormecida

e noites de luar de follas que me aloumiñan.

Xiro,

con cada movemento das engranaxes

que tornan en arquitectura

e volven ser natureza.

Caleidoscopía,

que xira,

e me fai xirar.

 

Anuncios