Baten as ondas contra as rochas,

a lúa, aínda dorme,

non hai luz no espello de auga,

tan só o murmurio do vento

que non é quen de silenciar os meus pensamentos.

Pregúntome se alá onde el se atopa

o cuco tamén canta na distancia da noite,

se a brisa leva a mesma grisalla

e as fazulas do ceo teñen poalla.

Se está a pensar, en que pensa…

Baten as ondas contra as rochas,

coma o batir dos meus pensamentos

neste meu interior atormentado,

coma o firmamento sen luceiros,

apagaron?

ou é que aínda non espertaron?

Pode que non esperten…

Outra vez…

Anuncios