Devezo por ser estorniño,

adormecer entre as ramas das cerdeiras

e darlle petiscos ás espirais

que as pingas de auga

debuxan sobre os espellos da rúa

nas tardes de tormenta.

Brincar dun charco a outro,

coma nena que voa co paraugas do vento.

 

 

 

Anuncios