Hai luces que cegan
e hai luces que deixan ver,
luces que fan de xanelas de recunchos do mundo
que non coñecías
ou que simplemente non sabías ollar
e por iso non os viras.
Hai luces capaces de facer que te perdas
e outras logran que te atopes,
que te redefinas e reafirmes
como gran pegada pequena do planeta.
Hai luces ocas e baleiras,
pero hai luces coma soles,
de enerxía candescente inesgotable,
que se rexenera unha e outra vez,
coma ave fénix.
Hai luces solitarias
e luces compartidas,
desas que non teñen medo ás simbioses,
porque compartir
non significa deixar de ser.
Coma ela,
luz entre luces,
luceiro de vida
que malia que ás veces se apague,
non morre,
só está descansando,
gañando forzas,
para brilar con máis intensidade
e reaparecer para iluminarme.
Llum de nit,
llum de vida.
Gràcies.
T’estimo
Me gustaMe gusta
Jo també, molt ❤
Me gustaMe gusta