cuerpo

Deixei que tantas persoas fixesen de escultoras,

permitin que xente errada esculpira o meu contorno

e deixeime levar polo carbocillo dos seus bosquexos,

coma se o papel sepia fose espello do meu ser.

Definíronme tantas veces

e defendinme tan poucas…

Do meu corpo pétreo tan só saín faíscas

co impacto do martelo,

pero non había verbas,

tan só silencios,

asentimentos,

aceptación dun deseño imposto

sen diálogo previo modelo-artista.

Ese foi o meu erro,

ollarme con ollos inimigos

en lugar de tornar en amante do meu ser,

non con complexo de Adonis,

pero si con perspectiva renacentista.

Cambiar a forma de verme

para cambiar as miñas formas,

as miñas liñas curvas

e as miñas liñas rectas,

nese firmamento de lunares

sobre terciopelo.

Deixar de ser bloque de granito

e tornar nunha niké con ás.

Ser escultora  e esculpida,

Michelangela, tal vez?

Liberarme, pomba, da gaiola

e redescubrirme unha e outra vez,

sen definicións,

sen límites.

E ser dona do meu propio bosquexo.

Anuncios