corpo

Corpórea,

en pensamento e alma,

en desexos e soños,

sen corpo.

Cadeas esnaquizadas no chan,

entre o neopreno da pel que xa non habito,

pois vivo na calor das miñas ás,

corpórea,

nunha alma sen corpo.

Mais existo,

penso,

soño,

desexo,

devezo

por ser vento,

por voar con capa da invisibilidade

na corporidade do ceo.

Nunha fusión perfecta de corpos sen corpo,

simbiose corpórea.

 

Anuncios