IMG_20150202_164508

Hai memorias que superan

os puños do tempo

que van apretando máis e máis o reloxo,

para acelerar a caída da area,

ata que non quede nin un gran.

 

Mais por moito que desapareza a area

de entre as paredes de cristal,

hai lembranzas do pasado

que teñen a capacidade de quedar impresas,

gravadas para sempre no baleiro.

 

Coma aquela melodía,

o lene asubío do clarinete con sombreiro,

que devecía por traspasar os túneles do metro

e enfeitizar cos seus encantos

aos que camiñaban pola superficie,

lonxe da serpe de ferro.

 

Afortunados os que partían ou chegaban,

os que despegaban ou aterrizaban baixo o Arco de Triunfo

coa melodía que daba voz ao virtuoso sen nome.

Un descoñecido inesquecido

de clarinete con sombreiro.

 

Schindler…

 


 

Artista do metro de París tocando o tema principal da película “A lista de Schindler” na estación de Charles de Gaule. Febreiro 2015.

Anuncios