Chegou a hora,

o momento do cambio,

de percorrer o mesmo camiño

mais andando a outro paso,

reparando en detalles que ata agora ignoraba,

por centrarme nun único punto,

nunha única estrela dor firmamento

que en realidade non tiña luz para min,

pois esquecín a miña propia.

 

Demasidas horas,

demasidos días,

un número excesivo de meses

intentando ser a muller das farolas

do conto do Principiño

na súa propia historia,

coma se non fose importante escribir a miña

e encender cada noite

as candeas dos versos da miña tinta.

 

Chegou a hora,

o momento do cambio,

de percorrer o mesmo camiño

mais andando a outro paso,

dando luz no luscofusco

sen buscar gazos alleos.

Camiñar paseniño,

con ticket de ida sen destino escrito,

sen horas prestablecidas

nin follas de ruta,

con dereito a facer e desfacer soños

coa miña luz como guía exclusiva.

 

Marcho sen marchar,

pero volverei sendo outra,

o EU atrapado entre esa D e esa S,

das que me despido,

cun ad(eu)s.

 


 

Foto tomada nunha das rúas do barrio de Belleville en novembro de 2015 (París)

Anuncios