Vagaba sen rumbo entre ondas de mar.

Mais vagaba?

O tan só era o punto morto?

Unha mancha lene no mapa…

Con pailebote comesto pola bravura do océan

e sen táboa flotante na superficie,

simplemente a compañía da soidade da auga…

Desorientada…

Perdida…

Sen forzas para me atopar…

Sen querer buscar…

E xusto no intre no que estaba a piques de deixarme afundir,

de pechar os ollos e adormecer no sono mariño…

Apareceu unha luz palpitante,

un luceiro sen faro,

nun abismo con faro sen luz…

Eaferreime ao regueiro dourado,

com se fose un peixe pendurando dunha corda,

nos últimos folgos,

ollando o horizonte na busca dun navío,

dunha man salvadora,

dun pulo invisible cara terra firme.

Vagaba,

sen rumbo fixo,

mais vagaba,

por fin.

Perdida,

mais querendo atoparme.

E pechei os ollos unha derrade vez,

para despertar,

despois de moito tempo,

daquel meu sono mariño.

Para ser faro e luceiro.

 

Anuncios