“O corazón dun home é coma un paxaro encerrado na gaiola do corpo”

O señor Ibrahim e as flores do Corán


derviche

E se a música fose o meu viño

nunha bacanal individual

na que a melodía fose a miña deusa,

a miña amante,

e as notas, as pingas do elixir de Baco?

E se a música fose a chave

da gaiola na que de cando en vez non sei como saír

e que me impide xirar con liberdade?

Tras bas barras de bico frío da miña prisión

o meu corazón vive adormecido,

e cada latexo é unha verba muda

que devece por ser voz desa melodía.

Tornar en ménade

e en derviche,

e xirar…

…xirar

xirar…

tornar en espiral danzante,

deixar de sentir as mans,

os pés,

os brazos,

as pernas,

deixar morrer o corpo

e parir a miña alma.

Xirar…

…xirar

xirar…

…seguir xirando

coma ménade e derviche

mais con ás de pomba dourada que deixou o niño,

con ollar de fénix que naceu por primeira vez

e luz de vagalume.

Ceive…

…xirando.

Mesmo sen sentir que xiro,

pois xa son libre.

Anuncios