Mundo baleiro,

coma verbas sen acentos,

coma cauces dun rio sen auga,

traida seca comesta polo vento

que xa tampouco se sente entre as arbores

nin rechouchia entre os fios dunha herba morta,

coma o planeta,

cuxo corazon conxelado

non tornara a parir vida nova.

Mundo apodrecido,

coma a tona dunha laranxa

que caeu antes de tempo

e loita por non se esvaecer

nun chan igual de frio que o ceo,

cuberto da grisalla das bagoas

de nubes encerradas tras dos arames

deste noso fogar que tornou en inferno.

Nun eterno baleiro sen final,

coma o asubio mudo da brisa tempera

que adormeceu co canto dos paxaros que emigraron

a outro planeta doutra galaxia.

Que nos queda a nos neste mundo

que chamamos Terra e loita por nos desterrar

para poder reconverterse no lar dunha nova humanidade

que mereza levar por titulo ser-humano.

Que somos nos neste mundo baleiro,

coma as verbas sen acentos,

mudas, coma o vento?

 

 

Anuncios