Intento ser caña de pescar
para sacar á superficie ás que afogan
ou ás que teñen medo a nadar soas
e se deixan mergullar.
Intento ser mariñeira dos océanos
para non deixalas tocar fondo,
para que os brazos do mar
as aloumiñen no canto de facer de cadeas
que tiren delas ata as profundidades.
Mais non son máis ca unha rede furada,
un pailebote con buratos
intentando manterse a flote.
Unha embarcación que non sendo quen
de soster o meu peso,
como vai poder devolver a terra firme
ás que non saben voar?
Intendo ser punto de apoio
e eu, non sei nin manterne en pé.
Como ser vítima da marea e salvavidas ao mesmo tempo?
Anuncios