Etiquetas

, ,

Tic, tac…

Xa tiña esperanzas de quen fora que me denunciara de noite desistira co seu plan de formar parte do club da censura, pero polo visto estaba enganada… Unhas horas despois de compartir a segunda foto “prohibida”, nova denuncia.

Están agora os colegas do equipo Facebook a revisar a foto. A verdade é que non sei que é o que teñen que mirar con tanta atención, será por iso de terme á expectativa, digo eu. Porque non creo que se poñan a analizar con lupa a calidade dos meus lunares… Os moi santos déronme a opción de agardar ao veredicto final ou a borrar eu a foto antes de que me chegue notificiación.

Borrala? Nin aínda que me pagaran unha millonada! A min iso de que me dean a opción de quitar a foto sóname a “admite que te equivocaches e perdoaremos as túas accións”. Pois non, non llelo vou permitir. Que eu saiba non fixen nada malo, así que agardarei a que eles se encarguen de borrar a foto e perdan o tempo (eu non o vou perder desde logo).

Sei que si, que me saltei unha das normas que asinei no contrato, que Facebook é unha empresa privada e impón a súa propia lei. Pero por que o pezón feminino se considera un espido e non a foto dun rapaz sen camisola ensinando o peito -con ou sen pelo- pero con dous pezóns ben xeitosos?

Anuncios