NÓS(SÓS)

Batirá as ás Juan Salvador Gaviota
no futuro canda NÓS,
ou seremos estranxeiros
pululando perdidos por un mundo
de vos comestos polo tempo?

Pode que lenes verbas no mar,
esgaxando SOS mudos
entre os suspiros baldíos
dos pailebotes baleiros.

Se cadra, mensaxes sen dono
nos muros dos soños da infancia
que aspirabamos a trepar
pisando as pedras de grisalla,
paseniño,
ata mergullarnos nas ondas
dese ceo celeste que se esvaeceu.

Quizais, co último petisco de vento mistral
poderemos voar co ar que
nos transforme en pardais,
para voltar cos versos de Bécquer
a esa oniria con ansias de liberdade.

E coas nosas plumas negras,
dar voz sobre o papel ás palabras caladas
dunha loita que malia esnaquizada,
poderemos reconstruir
e tornar os SOS en
Silendeira
escuridade
Onde a luz
Sempre renace.

Somos e (tal vez) seremos…
aves de lume que brotan de chisqueiros sen gas,
co alento da esperanza,
co pulo do cambio adormecido
que faremos espertar.

Se crada, xa somos o que seremos.
NÓS,
SÓS
Silendeira
escuridade
Onde a luz
Sempre renace.

Anuncios