“É a hora de Nós, das que non queremos a resignación como futuro, nin a desesperanza como destino”


Velaquí as fotografías dun paseo pola cidade condal marcado pola pegada do desexo do cambio… Verbas impresas nas paredes barcelonesas ás que dar voz o domingo…

DSC_8955.JPG

La papallona dels reformes… Bolboreta da loita, da lluita catalana que estendeu a súas ás por todo o territorio español, onde milleiros de persoas saíron ás rúas para erguer a voz en contra das reformas laborais, da reforma das pensións e o pacto social. Ogallá neste noso país houbera máis bolboretas e menos tesoiras. Voa bolboreta voa, continuem en la lluita!

DSC_8990.JPG

Non sei de quen vén sendo o tal Sour -nin se é home ou muller- mais debe de ser un pupilo de Bansky que merodea as rúas e ruelas de Barcelona para deixares a súa pegada de mensaxe poderosa, coma os debuxos impresos ao longo do muro de Gaza. Unha oda á paz como arma. Medrarán rosas vermellas entre as balas esparexidas por un chan comesto polo bafo da guerra?

DSC_8995.JPG

Pero se son cuspidiños! Irmáns xemelgos separados a nacer! Se é que tanto monta tanto, o Rivera coma o Mariano… E dicían que Ciudadanos eran aires de cambio? O carallo vintenove! Eu non son das que collen laranxas da árbore con bafo azul que tufa a política do século XIX.

DSC_8998.JPG

PP, Ciudadanos, a mesma merda é… ¿Unión franquista en pleno século XXI post-transición aínda por superar (e mellorar)? Seica os hai con complexo de darlle ao botón de rebobinar no mando a distancia.

DSC_9001.JPG

Marchan, que teñen que marchar! E logo como non van pirar? Cada vez que lle sinto dicir a alguén “se Franco levantara cabeza” éntranme arrepíos. E aínda máis medo dan os que se por eles fora tamén resucitarían ao Primo de Rivera. Non vos será familiar seu o Naranjito do 2015? Seguro que entre as 7 marabillas españolas estaría o Valle dos Caídos de primeira na lista.

DSC_9002.JPG

Menos mal que non toda a xuventude está desviada e que a súa unión non está en ter a Paquito como profeta. O fouciño, tanto ten que teña nome galego, catalán, vasco, castelán, asturiano… Organizados habemos de ser invencibles na loita sempre e cando bordemos nas nosas bandeiras a mesma causa, sen importares a lingua do noso discurso. Así que avante! Denantes mortos que escravos! Units som forts, non si?

DSC_9003.JPG

Se o sistema é unha merda haberá que cambialo non? Pero desde dentro e sen medo. Que ninguén silencie as nosas voces nin encha de borralla os nosos soños.

DSC_9004.JPG

Aquelas persoas que non colleron un libro de historia na súa vida están condenadas a repetila. E a xente que si estuda historia está condenada a non poder facer nada mentres outros sen empeñan en repetila. Xa van sendo horiñas de deixar morre o conto e escribir un novo sen aguiluchos acibeche nin brazos en alto coma se foramos mini Xulios César.

DSC_9006

O amarelo semella practicamente branco, mais o vermello da estrela da liberdade e o dereito a decidir segue en pé de guerra, loitando contra o sol, a choiva e as mans dispostas a arrincar o papel da farola. Aínda hai recunchos de Barcelona nos que se sinte o berro pola independencia.

DSC_9007.JPG

E a capital catalana tamén fai eco da lacra que asulaga o país, dese cancro social que mata cada ano a mulleres vítimas da violencia machista das súas parellas e exparellas. Quen ben te quere non te fará chorar… O amor non é control, nin bágoas, nin dor.

DSC_8956.JPG

Amor como como motor dun mundo no que sen feminismo non hai revolución.

DSC_9008.JPG

O cambio hemos de construílo entre todos, nós, unidos… Paseniño pero sen se parar no camiño… Soño necesario para un soño.


 

 

 

Anuncios