Etiquetas

, , , , , ,

Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor de súa pel, a súa orixe, a súa relixión. A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario- Nelson Mandela

A Palestina histórica estivo dominada polo Imperio Otomano desde 1516 ata 1917. Tras a Primeira Guerra Mundial foi sometida á autoridad británica que promoveu el chamado Mandato Británico como figura colonial de 1922 a 1947, palpable todavía a día de hoxe, pois unha gran parte da poboación palestina fala inglés ademai de árabe. Coa creación do Estado de Israel en 1948, o peculiar nacionalismo exclusivista xudeu, o sionismo, puxo en marcha un longo proceso de transformación dun territorio árabe palestino nun espazo dominado polos xudeus. Os palestinos reclaman a recuperación dos seus dereitos nacionais, entre os que está dispoñer dun Estado propio y o retorno dos refuxiados.

Conflito étnico?

O conflito palestino-israelí podería analizarse desde o punto de vista étnico, no que polo tanto estariamos a falar de dous pocos que estarían a disputarse un mesmo territorio. Os palestinos manteñen unha homoxeneidade étnica, pois independentemente de ser musulmáns –a maioría- ou cristiáns, todos eles son árabes e teñen como lingua materna o árabe. Entre os israelíes, pola contra, podemos atopar hebreos, árabes (coñecidos como orientais), europeos, sefardíes (descendentes dos xudeus expulsados de España en 1492), etíopes, tailandeses, indostanes, uzbekos, kurdos e outras etnias diferentes. Outro dato a ter en conta son as diferentes posturas adoptadas polos propios israelíes. Mentres que os sionistas defenden a creación dun territorio exclusivo para xudeus, os israelíes non sionistas e a maior parte de palestinos abogan pola convivencia en común. Trátase pois unicamente dun conflito de tipo étnico?

Conflito relixioso?

al-aqsa-mosque-196846_640

Mezquita de Al-Aqsa

Se afirmamos que o conflito palestino-israelí enfrenta a seguidores de relixións opostas que loitan por controlar os lugares sagrados que teñen en común –mezquita de Al Aqsa e Muro das Lamentacións na Explanada das Mezquitas- entón estariamos ante un conflito claramente relixioso.

Tanto hebreos coma árabes afirman proceder do mítico Abraham, quen prometeu aos seus descendentes a antiga terra de Canaan, que abarcaría Palestina, parte de Xordania, o sur do Líbano e o sur de Siria. No caso dos hebreos o descendente de Abraham sería Yavhé e en canto aos árabes, Alá.

Muro_de_las_Lamentaciones_-_4

Muro de las Lamentaciones

Non se pode falar de conflito relixioso sen facer referencia ao sionismo, que se basea en lexitimar que a Terra Prometida foi otorgada ao pobo xudeu por Deus. Este argumento impide calquera tipo de debate, pois sería ir en coontra dun dogma relixioso, dunha verdade incuestionable.

E os palestinos? O pobo palestino, a diferenza dos israelíes sionistas, non fundamentan o seu dereito a permanecer en Palestina en base a criterios relixiosos. O seu discurso está baseado en criterios de tipo histórico e xurídico, pois a terra que din ser súa e pola que levan loitando desde hai máis de 50 anos, perténcelles en propiedade.

Conflito colonial?

Mujer palestina en un checkpoint

Muller palestina nun checkpoint

Podemos entón afirmar que se trata dun conflito tipicamente colonial no que o obxectivo sería controlar unha zona periférica rica en recursos naturais? Oriente Medio é unha zona de gran interese e atractivo economico para as grandes potencias mundias por ser unha fonte de materias primas de gran valor como o ansiado ouro negro que desencadenou máis dunha guerra no mundo árabe.

A esquerda non sionista israelí, que se define como momvemento anticolonialista estaría a definir indirectamente o conflito como un conflito colonial, no que se aplican políticas de terror contra a poboación autóctona como método de sometemento. No caso do conflito en cuestión: torturas, detencións arbitrarias e presos políticos, destrución de vivendas e terreos, movemento restrinxido (checkpoints, toques de queda, acceso denegado a estradas, muro…).

Barrier_Gate_at_Bilin_Palestine

Soldados israelíes no West Bank

Con todo, o valor de Palestina é máis simbólico que económico, pois debe a súa relevancia estratéxica aos recursos naturais dos países veciños. Para afondar máis no conflito habería que remontarse á política colonialista do Reino Unido tras a Primeira Guerra Mundial, sendo Palestina un Mandato Británico e Estados Unidos unha potencia hexemónica tras a Segunda Guerra Mundial. Oriente Medio, que sería testemuña de sucesivas guerras, converteuse en proveedor de petróleo e consumidor de armamento.

Máis aló do conflito étnico, relixioso ou colonial: apartheid

A realidade do conflito palestino-israelí é máis que un gran abano con diferentes escalas de grises que reflicten a suma das diferentes visións expostas anteriormente.

Unha comunidade orixinaria de Europa, ou se preferimos, unha comunidade

Resistir para existir

Resistir para existir

occidentalizada, con maiores recursos económicos, técnicos e militares, mantén políticas de segregación sobre unha comunidade de etnia diferente que conforma a poboación autóctona do territorio ocupado.

As políticas segregacionistas israelíes están fundamentadas na persecución secular do pobo xudeu, que necesita un “fogar nacional” para escapar da diáspora histórica que os define. Non obstante, a solución ao “problema xudeu” desencadenou un problema de relacións do mundo árabe con Occidente que se reflicte claramente na islamofobia máis que presente en países como Estados Unidos, onde Oriente Medio é o inimigo común. Os ataques das Torres Xemelgas marcaron un antes e un despois e os atentados de xaneiro na redación da revista satírica Charlie Hebdo fixeron lembrar unha realidade que non cambiou moito malia ter pasado xa máis de 10 anos desde aquel escuro 11 de setembro.

“A historia demostrou a necesidade de garantizar a seguridade dos xudeus mediante un fogar nacional. O sionismo recoñece que o xudaísmo é definido por unha orixe, unha relixión, unha cultura e unha historia compartidas. Máis de 5 millóns de xudeus, procedentes de máis de 100 países, que son cidadáns de Israel, exemplifican a realización do soño sionista”. (Mitos e realidades. Unha guía para  o conflito árabe-israelí, Mitchell G. Bard).

Vítimas do Holocausto

Vítimas do Holocausto

Desde o punto de vista do sionismo os xudeus son vítimas eternas sen un lugar no mundo que para eles é antisemita por definición (irónico, pois parecen esquecer ou simplemente non querer ver que teñen moito máis en común cos árabes do que cren: xudeus e árabes son ámbolos dous semitas). Así pois, a superviviencia radica en conquistar un territorio seguro no que asentarse e levantar os piares dese fogar desexado. E que lugar elixiron? Terra Santa, esa terra prometida que o seu deus lles regalara. A limpeza étnica é necesaria para poñer fin a siglos de dor e de nomadismo, un claro exemplo de “eles ou nós”, razoamento que tacha de antisemita todo o que sexa antisionista e converte aos palestinos en terroristas que merecen ser eliminados. Unha situación de apartheid amparada por unha Lei de Retorno que garante a cidadanía automática a calquera xudeu que chame ás portas dese país que di ser a única democracia de Oriente Medio.

“O sionismo non discrima a ninguén. O carácter aberto e democrático de Israel e a súa escrupulosa protección dos dereitos relixiosos e políticos de cristiáns e musulmáns, rebate a acusación de exclusividade. Ademais, calquera persoa xudea ou non xudea, israelí, norteamericana ou saudí; negra, blanca, amarela ou púrpura- pode ser sionista”. (Mitos e realidades. Unha guía para  o conflito árabe-israelí, Mitchell G. Bard).

Anuncios