Etiquetas

, , , , , ,

Camisolas machistas

Curiosas camisolas as deste San Pepe 2015… Para empezar, que é iso de establecer diferenzas de xénero poñendo á venda dúas camisetas claramente distintas? O normal, desde o meu punto de vista, sería elixir unha común a todos e a todas, pero de facer dous modelos, ter un pouco máis de sentido común, non?

Supostamente os rapaces terían que levar a camisola do Tío Sam, figura estadounidense que traspasou fronteiras. Sam basicamente quere recrutar a enxeñeiros (non enxeñeiras).

E en canto á camiseta das rapazas… Ten impresa a Rose Revieter, unha icona do feminismo, nada máis e nada menos. Ata aquí todo ben, non? Muller traballadora, enxeñeira… Mais, cal é a mensaxe? “Rapazas, vós podedes, podedes beber!”.

Sam quere recrutar mentes pensantes, mocidade valorada pola súa intelixencia e capacidade de estudo (porque todos e todas coincidimos en que unha enxeñaría, ao igual que calquera outra carreira, non se aproba de rentas). Sen embargo, unha Rose Revieter enaxenada recruta bebedoras en potencia.

Mulleres a beber! Coma se unha muller fora a ser máis muller por beber ou o que se está a insinuar é que ata non hai moito tempo estaba mal visto que as mulleres beberan? Feminismo e alcol? Non me acaba de convencer. Xa non estamos na época de Franco de tabernas exclusivas para homes.

Se hai mulleres que pensan que van a ser mellor consideradas por beber, entón non entenden de que vai o discurso feminista que moitos e moitas foron forxando desde o século XIX.

Anuncios