mani

Os do Sindicato de Estudantes non se deberon de dar de conta de que estaban a tapar o cartaz doutra formación que tamén aboga por unha educación pública de calidade e está en contra do 3+2, en definitiva, que defende os dereitos do estudantado. Mesma loita e mesmo obxectivo que o Sindicato, non?

Por que entorpecer entón o traballo dos demais? Acaso importa realmente nas manifas deste xoves o partido ao que votes? Eu creo que non se trata de política, que se trata de reivindicar algo fundamental como é o dereito a unha educación digna.

Se nin xs propixs manifestantes somos capaces de loitar unidxs, como vamos a conseguir ter credibilidade ante os medios e os politicallos que nos están a atacar constantemente?

A unión fai a forza, compañeiros e compañeiras.

Anuncios