Soños

Houbo unha altura na que me facías soñar,

acordaba á túa beira a construír camiños

para chegar a algún dos nosos castelos,

pero sen eu reparar a tempo

(ou, se callar, sen eu querer ver)

tiveches tamén o poder de destruír soños,

como se en lugar de colocar pedras para camiñar máis lonxe

preferiras lanzalas ás miñas ás,

ata partires plumas que eu cosera soa antes de saber de ti.

Pensaba que precisaba de ti para ver o horizonte desde algún castelo,

que enganada estaba…

Non preciso de mais ninguén para soñar acordada.

Simplemente teño que  acreditar que eu mesma podo ser pomba no ar

e voar sen procurar compañeiro,

pois a mellor compañía é a liberdade,

que non ha de ser partillada con calquera.

Ti, de certeza, non mereces saber da miña.

Perdeches a oportunidade de soñar á miña beira.

Non me busques no canto da túa cama,

as miñas ás han de me levar ben lonxe.

Aínda me queda moito por voar.